Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36662

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de policía local (funcionario/a de carreira) por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 125, do 6 de xullo de 2021, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de policía local (funcionario/a de carreira) por promoción interna, correspondente á oferta de emprego público do Concello de Boiro do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 7 de xullo de 2021

José Ramón Romero García
Alcalde