De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro) pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da Consellería competente en materia de traballo.
Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da dita resolución, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia acordou o nomeamento de dous membros suplentes do Pleno do Consello de Relacións Laborais.
Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,
DISPOÑO:
Artigo un. Nomear como membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, a Armando Iglesias Rodríguez e a Carmen Adela Sabio Sanz en substitución de José Carlos Hurtado Amador e José Plácido Cazón Lamas.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade