Mediante a Orde do 16 de abril de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 77, do 26 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e coa demais normativa vixente, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por orde desta consellería do 16 de abril de 2021 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 4 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.
O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.
O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou as licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou a funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuará, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, deseguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.
Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública
ANEXO
Datos do/da funcionario/a:
Nome e apelidos: Eugenia Mercedes Cuéllar Barbeito.
Número de rexistro de persoal: ****166657 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (escala superior de finanzas).
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: subdirector/a xeral de Recursos e Análise Orzamentaria.
Código do posto: FCC040000215770001.
Nivel: 30.
Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.
Localidade: Santiago de Compostela.