Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de xuño de 2021 polo que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/97/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 29 de mazo de 2021, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas no lugar de Pena de Arán, no termo municipal de Touro, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Ángeles Calvo Casal, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística