Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36365

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Resolución do 1 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica o crédito para o exercicio 2021 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.

BDNS (Identif.): 574443.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar o crédito, para o exercicio 2021, destinado ás axudas establecidas na Orde do 22 de maio de 2018.

Segundo. Bases reguladoras

Resolución do 1 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica o crédito para o exercicio 2021 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.

Terceiro. Importe

Para o ano 2021 o importe é de 35.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.324A.470.0, código de proxecto 2015/00508.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais