Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36397

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 8 de xullo de 2021 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo) e pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo) que as realizaron neste curso académico 2020/21.

A Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, establece na súa base décimo novena que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Na Orde do 31 de xullo de 2019 (DOG do 23 de agosto), modificada pola Orde do 10 de decembro de 2019 (DOG do 19 de decembro), faise pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019.

Mediante a Orde do 4 de agosto (DOG do 31) nomeouse funcionaria en prácticas do corpo de mestres a Antía Cores Torres, DNI ***6119**, opositora que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) e que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no curso 2019/20.

Mediante a Orde do 30 de outubro de 2020 (DOG do 11 de novembro) foron nomeados funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario María Mercedes Argibay Pérez, DNI ***5984**, especialidade de formación e orientación laboral, que non puido ser avaliada da fase de prácticas no curso anterior; Lorena Barbeito Barciela, DNI ***9239**, especialidade de xeografía e historia; María Cristina Vilas Taboada, DNI***9983**, especialidade de matemáticas; José Crecente Campo, DNI ***7728**, especialidade de procesos na industria alimentaria, e María José Pazos García, DNI ***1824**, especialidade de procesos de xestión administrativa, que superaron o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario ou do corpo de profesores técnicos de formación professional e que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas no curso 2019/20.

Así mesmo, mediante a Orde do 30 de outubro de 2019 (DOG do 13 de novembro) modifícase a Orde do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), incluíndo a Sergio Piña González, DNI ***5198**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de inglés.

Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as seguintes persoas: María Mercedes Argibay Pérez, DNI ***5984**, especialidade de formación e orientación laboral; Lorena Barbeito Barciela, DNI ***9239**, especialidade de xeografía e historia; María Cristina Vilas Taboada, DNI***9983**, especialidade de matemáticas; José Crecente Campo, DNI ***7728**, especialidade de procesos na industria alimentaria, persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario; María José Pazos García, DNI ***1824**, especialidade de procesos de xestión administrativa, do corpo de profesores técnicos de formación professional, e Antía Cores Torres, DNI ***6119**, do corpo de mestres, corpos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), entre outros.

Segundo. Declarar apto na fase de prácticas a Sergio Piña González, DNI ***5198**, como consecuencia da Senteza do 27 de novembro de 2019, ditada no procedemento ordinario 393/2018 da Sala do Contencioso Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. En execución da dita Sentenza o 3 de setembro de 2020, modificada a parte dispositiva desta por Auto do 15 de outubro de 2020, o conselleiro (por delegación, o director xeral de Centros e Recursos Humanos) ditou resolución e declarouse o citado Sergio Piña González como un dos candidatos que superaron o concurso-oposición dos procedementos selectivos dos corpos de profesores de ensino secundario, especialidade inglés, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), cunha puntuación final do proceso de 5.5648 puntos. Así mesmo, na citada resolución foi nomeado funcionario en prácticas durante o curso 2020/21.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade