Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Carracedo e Río Seco e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, no concello da Pastoriza (código PO-00016343J).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal PO-00016343J, así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común de Carracedo e Río Seco, na parroquia de Bretoña, no concello da Pastoriza.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º) e na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 29 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo