Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36003

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

EXTRACTO da Resolución do 1 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970A).

BDNS (Identif.): 574319.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos no curso académico 2009/10 ou posterior.

Segundo. Obxecto

O establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 1 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970A).

Cuarto. Contía

Financiaranse estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, por un importe máximo total de seis mil seiscentos euros (6.600,00 euros), que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil cen euros mensuais (1.100,00 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega