Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36102

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da modificación puntual número 2 do Plan parcial do polígono industrial de Tremoedo para a reforma puntual da ordenación urbanística e da regulación normativa.

O Concello de Vilanova de Arousa está iniciando a tramitación da modificación puntual número 2 do Plan parcial do polígono industrial de Tremoedo para a reforma puntual da ordenación urbanística e da regulación normativa.

De conformidade co disposto nos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do solo, sométese o documento á información pública durante un prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra. Entre a documentación está incluída a proposta de convenio urbanístico de planeamento conforme o artigo 168 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo do Concello, sita na Casa do Concello, 3ª planta (praza do Concello, nº 1), de luns a venres, agás os festivos, das 9.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa na epígrafe de Taboleiro de anuncios>Urbanismo.

Vilanova de Arousa, 8 de xullo de 2021

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde