Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 25 de xuño de 2021, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador 32S001-115-2021.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa do Servicio de Consumo en Ourense do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante o Servizo de Consumo de Ourense na avenida de Zamora, nº 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 25 de xuño de 2021

Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 32S001-115-2021.

Interesada: Logística Agrocomercial Nutrocampo, S.L.

CIF/NIF: B32479875.

Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador en materia de defensa do consumidor.