BDNS (Identif.): 565561.
De conformidade co previsto no artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro.
1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas á apicultura convocadas para o ano 2021, de acordo coa Orde do 14 de maio de 2021 (DOG núm. 99, do 28 de maio de 2021), increméntase no importe de cincocentos setenta e cinco mil vinte e seis euros con noventa céntimos (575.026,90€) da aplicación orzamentaria 14.04.713E.770.2.
2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.
3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 14 de maio de 2021.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias