Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente FE-0000060667 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos do inicio dos procedementos de reintegro das prestacións económicas indebidamente percibidas ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido íntegro do dito acto administrativo.

A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os acordos que se notifican outórgalles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, practicada por comparecencia, para presentar as alegacións ou os documentos que consideren convenientes.

A Coruña, 16 de xuño de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DNI

Contido do acto

Data

documento

FE-0000060667

32495516N

Acordo de inicio do procedemento de reintegro de prestacións

23.3.2021

SC-0000063966

33244566K

Acordo de inicio do procedemento de reintegro de prestacións

26.3.2021