Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9. Código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela.
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento).
4. Código NUTS do lugar principal das obras: ES111 Cabanas (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fase III. Colectores xerais. Cabanas (A Coruña). Clave do expediente: OH.315.1074.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.160.789,74 euros. Importe total: 1.404.555,59 euros.
8. Valor estimado do contrato: 1.160.789,74 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 24 de febreiro de 2021.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 26.
12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 24.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 5 de marzo de 2021.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Arias Infraestructuras, S.A.
14.2. NIF: A15008485.
14.3. Enderezo: Paseo de Ronda, 24, 15011 A Coruña.
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Teléfono: 981 14 53 00.
14.6. Fax: 981 26 44 18.
14.7. Correo electrónico: estudios@ariasinfraestructuras.com
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 933.293,94 euros. Importe total: 1.129.285,67 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas»; operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Pontedeume». Unha maneira de facer Europa.
Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela.
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 18 de xuño de 2020.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 24 de febreiro de 2021.
Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 18 de marzo de 2021.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2021
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia