Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35476

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2021, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

BDNS (Identif.): 573858.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvenciones (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro; no artigo 66 do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, e no artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria, para o ano 2021, das axudas aos plans de produción e comercialización do ano 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2021, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

Cuarto. Importe

Para o ano 2021 o importe total máximo das subvencións que se concedan será de 2.900.000 € e as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 2021.15.02.723B.780.1 e 2021.15.02.723B.770.1, código de proxecto 2016 00326, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2021.

Aplicación orzamentaria

Organización

Importe

2021.15.02.723B.780.1

Sen ánimo de lucro

1.800.000 €

2021.15.02.723B.770.1

Con ánimo de lucro

1.100.000 €

Total

2.900.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar