Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións administrativas ditadas en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000040943 e seis máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectualas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento de vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso de alzada, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 14 de xuño de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

PROCED. BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000040943

33738936Y

Reintegro de prestacións

11.3.2021

LU-0000030099

33724695W

Reintegro de prestacións

9.3.2021

LU-0000031958

34158497R

Reintegro de prestacións

9.3.2021

LU-0000042985

76547958W

Reintegro de prestacións

23.2.2021

LU-0000037626

33787969A

Reintegro de prestacións

11.3.2021

LU-0000031958

34158497R

Reintegro de prestacións

23.2.2021

LU-0000033577

33756544L

Reintegro de prestacións

9.3.2021