Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 12 de xullo de 2021 Páx. 35348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0075/2021.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 23 de xuño 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0075/2021

72055544V

Incoación

O xefe territorial