Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35018

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 125, do 2 de xullo de 2021, procede efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 33813, no cadro das modificacións orzamentarias, hai un erro na aplicación orzamentaria e onde di: «11.04.324C.470.8», debe dicir: «11.04.322C.470.8».