Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 23 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica o requirimento de documentación nun procedemento de autorización de peche de predio porque, intentada a notificación, non se puido practicar (expediente 2606/2020).

O servizo de Coordinación Cultural de Pontevedra requiriu o 21.12.2020 documentación adicional no procedemento de autorización de peche de predio, expediente 2606/2020. Intentada a notificación persoal deste requirimento, non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, 6º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O que se notifica a persoa titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que xulgue pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra.

Comunícaselle que contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Pontevedra, 23 de xuño de 2021

A directora xeral de Patrimonio Cultural
P.D. (Resolución de 2.12.2020)
María José Echevarría Moreno
Xefa do Servizo de Coordinación Cultural

ANEXO

Procedemento: autorización patrimonio.

DNI: 35933879J.

Acto notificado: requirimento expediente 2606/2020.