Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 53/75 e dezaoito máis).

Na sesión celebrada o día 2.6.2021, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– Monte de Pico do Moroto (exp. 53/75), pertencente aos veciños da parroquia de Canedo; e monte Munxidoira, Travesa, Valdalousa, Carboeiro e Chao da Gándara (exp. 5/75), pertencente aos veciños de Airavella, Pumar e Rúa do Pozo, da parroquia de Outara, ambos no concello da Pobra do Brollón.

O 16.1.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 9.2.2021), asinada polo presidente da comunidade de Canedo, relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 12.3.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_2) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado.

O MVMC Pico do Moroto pasa a ter unha superficie de 98 hectáreas; e o MVMC Munxidoira, Travesa, Valdalousa, Carboeiro e Chao da Gándara, de 190 hectáreas.

– Monte de Cebres (exp. 30/77), pertencente aos veciños do lugar de León, na parroquia de León; e monte de Portomarín (exp. 18/75), pertencente aos veciños das parroquias de San Nicolao e San Pedro, ambos montes no concello de Portomarín.

O 22.7.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de León, de aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Portomarín e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 26.11.2020, o Servizo de Montes emite un informe (2020_31) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Cebres pasa a ter unha superficie de 44 hectáreas; e o MVMC Portomarín, de 373 hectáreas.

– Monte de Caxigal, Gándara, Cotón e Seara (exp. 27/78), pertencente aos veciños da parroquia de Páramo, no concello de Castroverde; e monte de Caxigal de San Martiño (exp. 15/78), pertencente aos veciños dos lugares Coedo, Seoane, Vilacorbe e Coto, na parroquia de San Martiño de Folgosa, no concello do Corgo.

O 19.10.2020 foi presentada unha solicitude, asinada pola presidenta da comunidade de Páramo, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz do Corgo e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 8.1.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_49) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Caxigal, Gándara, Cotón e Seara pasa a ter unha superficie de 152,69 hectáreas; e o MVMC Caxigal de San Martiño, de 131 hectáreas.

– Monte de Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada (exp. 44/75), pertencente aos veciños de Lama da Vila, na parroquia de Santo André; e monte de Monte Redondo e Serra da Escrita (exp. 99/75), pertencente aos veciños de Castiñeiras, Fonte do Cando e Santo André e Vilar, da parroquia de Santo André, ambos montes no concello das Nogais.

O 14.12.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Lama da Vila, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz das Nogais e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 9.2.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_58) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC de Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada pasa a ter 133 hectáreas; o MVMC Monte Redondo e Serra da Escrita, de 366 hectáreas.

– Monte Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio (exp. 26/79), pertencente aos veciños da parroquia de Cadramón, no Valadouro; e monte Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa (exp. 123/77), pertencente aos veciños da parroquia de Montouto, en Abadín.

O 17.11.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Cadramón, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Abadín e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 14.1.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_51) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio pasa a ter unha superficie de 2436 hectáreas; e o MVMC Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa, de 1635 hectáreas.

– Monte Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio (exp. 26/79), pertencentes aos veciños da parroquia de Cadramón, no Valadouro; e monte Cabaleiro (exp. 82/78), pertencente aos veciños da parroquia de Silán, en Muras.

O 15.12.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 25.2.2021), asinada polo presidente da comunidade de Cadramón, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Muras e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 29.3.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_62) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio pasa a ter unha superficie de 2445 hectáreas; e o MVMC Cabaleiro, de 144 hectáreas.

– Monte Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio (exp. 26/79), pertencentes aos veciños da parroquia de Cadramón, no Valadouro; e monte Tenente e Xistral (exp. 83/78), pertencente aos veciños dos lugares Porromeo, Restrebada, Forcós, Curro, e outros da parroquia do Viveirón, en Muras.

O 15.12.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 25.2.2021), asinada polo presidente da comunidade de Cadramón, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Muras e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 8.4.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_63) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio pasa a ter unha superficie de 2447 hectáreas; e o MVMC Tenente e Xistral, de 591 hectáreas.

– Monte Campos de Vila (exp. 27/73), pertencentes aos veciños de Campos de Vila, Lamela, Revide e Toca, na parroquia de Hospital; monte Campodola (exp. 107/75), pertencente aos veciños de Campodola, na parroquia de Hospital; e monte Campa e Ferreiriños (exp. 122/75), pertencente aos veciños de Arxubín e Barxa, da parroquia de Hospital, todos eles no concello de Quiroga.

O 21.12.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Campos de Vila, Lamela Revide e Toca, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 18.5.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_67) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Campos de Vila pasa a ter unha superficie de 502 hectáreas; o MVMC Campodola, de 391 hectáreas; e o MVMC Campa e Ferreiriños, de 532 hectáreas.

– Monte da Pía-Valiña Longa (exp. 101/75), pertencente aos veciños da Pía, na parroquia de Noceda; e monte Valiña dos Bois-Searas do Couso do Coxo (exp. 105/75), pertencente aos veciños de Casas da Serra, da parroquia de Noceda, ambos montes no concello das Nogais.

O 14.12.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 30.3.2021), asinada polo presidente da comunidade da Pía, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz das Nogais e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 23.4.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_59) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC A Pía-Valiña Longa pasa a ter 158 hectáreas; o MVMC Valiña dos Bois-Searas do Couso do Coxo, 88 hectáreas.

– Monte A Pía-Valiña Longa (exp. 101/75), pertencente aos veciños da Pía, na parroquia de Noceda; e monte Ferreiras (exp. 102/75), pertencente aos veciños de Ferreiras, da parroquia de Noceda, ambos montes no concello das Nogais.

O 14.12.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade da Pía, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz das Nogais e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 29.4.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_60) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC A Pía-Valiña Longa pasa a ter 155 hectáreas; e o MVMC Ferreiras, 146 hectáreas.

– Monte Brañas e Searas Doutro Lado (exp. 106/75), pertencente aos veciños de Brañas, na parroquia de Noceda; e monte Ferreiras (exp. 102/75), pertencente aos veciños de Ferreiras, da parroquia de Noceda, ambos montes no concello das Nogais.

O 14.12.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Ferreiras, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz das Nogais e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 18.5.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_61) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Brañas e Searas Doutro Lado pasa a ter 184 hectáreas; e o MVMC Ferreiras, 156 hectáreas.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun (1) mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous (2) meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 17 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo