Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de xuño de 2021 polo que se notifica a incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/92/2016.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o 6.5.2021, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Domaio, termo municipal de Moaña (Pontevedra).

Ao non poder realizar a notificación persoal da incoación a Francisco José Calvar Pintos, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita incoación e prego de cargos, mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da incoación e o prego de cargos que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística