Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34754

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno que resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 10 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Facer público o Acordo do 24 de xuño de 2021, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo do 24 de xuño de 2021, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 84, do 5 de maio de 2021, a Comisión de Goberno da Institución na súa reunión do 24 de xuño de 2021 e no uso das facultades conferidas polo artigo 9.2.c) da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas,

ACORDOU:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo deste acordo, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario producirase no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte (20) días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A toma de posesión realizada dentro do prazo referido, dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto. Contra este acordo, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o Pleno do Consello, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contra a resolución do recurso de alzada, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO

Apelidos e nome: Villanueva Rodríguez, Ulpiano L.

DNI: ***8776**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: escala superior de finanzas da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: interventor.

Código do posto: CC.F02.01.01.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.