Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Carballo (expediente IN407A 2020/205-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT, CT e RBT Cerrallo, no concello de Carballo (expediente IN407A 2020/205-1), por resolución desta xefatura territorial, do 20 de maio de 2021, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 25 e 26 de agosto de 2021 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Carballo, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 16.3.2021, no BOP do 1.3.2021 e no xornal La Voz de Galicia do 5.3.2021, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 15 de xuño de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña