Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental da modificación do plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A Trambasaguas nº 7, concello de Arteixo (clave 2019/0168).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 17 de xuño de 2021 da modificación do plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A Trambasaguas nº 7, concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Arias Infraestructuras, S.A.

Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmatv.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2021

Mª Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático