Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34642

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para o acceso a dúas prazas de técnico/a de Administración xeral e dúas prazas de técnico/a de xestión.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, foi publicada unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 88, do 20 de abril de 2021, foron publicadas resolucións relativas á convocatoria e as bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

– Decreto nº 2390/2021, do 26 de marzo: dúas prazas de técnico/a de administración xeral; escala: administración xeral; subescala: técnica; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

De igual maneira, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 95, do 28 de abril de 2021, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

– Decreto nº 2798/2021, do 13 de abril: dúas prazas de técnico de xestión; escala: administración xeral; subescala: de xestión; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: oposición. Unha en quenda de acceso libre ordinario e unha en quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte dias hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 3 de xuño de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente alcalde delegada da Área de Gobernanza
de Economía e Recursos Humanos