Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) en relación co proxecto do Parque Eólico Piago e a súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro (expediente IN408A 2020/25).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia); no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Naturgy Renovables, S.L.U. NIF B84160423.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Piago. Proxecto de execución do parque eólico modificado número 1 e modificado número 1 de infraestrutura eléctrica evacuación.

Municipios afectados: concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro.

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Buio II.

Potencia instalada: 27,6 MW.

Produción neta anual estimada: 109.564 MW h/ano.

Orzamento total: 24.179.193,92 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

A

623.900

4.828.800

B

623.900

4.833.700

C

628.600

4.833.700

D

628.600

4.831.600

E

626.200

4.830.600

F

625.500

4.828.600

Características técnicas das instalacións eléctricas:

– 8 aeroxeradores modelo Enercon E-138 de 3,5 MW, ou similar, de 3.450 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxeiro de 154 metros e un diámetro de rotor de 138 m, situados nas seguintes coordenadas:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

L4-01

626.292

4.832.993

Cervo

L4-02

626.042

4.832.524

Cervo

L4-03

625.425

4.831.920

Cervo

L4-04

625.292

4.831.511

Cervo

L4-05

624.903

4.830.769

Cervo

L4-06

624.880

4.830.342

Cervo

L4-07

624.950

4.829.718

Cervo

L4-08

624.740

4.828.970

Cervo

– 8 centros de transformación, cada un instalado no interior da torre dun aeroxerador, formados por transformadores de 4.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,65/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede colectora soterrada de 30 kV, formada por dous circuítos con condutor tipo RHZ1-2OL 18/30 kV, para a interconexión dos centros de transformación 0,65/30 kV co CS o obxecto de evacuar a enerxía xerada.

– Torre meteorolóxica de 154 m de altura ca seguinte localización:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

625.805

4.832.291

– Centro de seccionamento (CS), composto por edificio prefabricado que alberga as celas de media tensión de 30 kV necesarias, transformador de servizos auxiliares (SSAA) de 25 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,42 kV, grupo electróxeno de emerxencia e resto de equipamentos de protección, medida e control requiridos.

O recinto do centro vén delimitado polas seguintes coordenadas:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

A

625.208,98

4.831.054,26

B

625.236,13

4.831.028,11

C

625.214,18

4.831.005,31

D

625.187,02

4.831.031,47

– Liña aéreo-subterránea de 30 kV, entre o CS e a SET 30/132 kV para evacuación da enerxía producida, de dobre circuíto e composta polos seguintes tramos:

Tramo soterrado, con orixe no CS e final no apoio nº 1 PAS, cunha lonxitude de 149 m, condutor tipo RHZ1-2OL 18/30 kV e cable de fibra óptica tipo PKP.

Tramo aéreo, con orixe no apoio nº 1 PAS e final no apoio nº 32 PAS, cunha lonxitude de 6.863 m, 32 apoios, condutor tipo 337-AL1/ 44-ST1A (LA-380) e cable de garda e comunicacións tipo OPGW 24-64F.

Tramo soterrado, con orixe no apoio nº 32 PAS e final na SET, cunha lonxitude de 97 m, condutor tipo RHZ1-2OL 18/30 kV e cable de fibra óptica tipo PKP.

– Subestación elevadora (SET) 30/132 kV (Piago) constituída por:

Parque a intemperie con dúas posicións de entrada-saída de liña de 132 kV (para a apertura da liña existente LAT 132 kV PE Buio-SE Boimente, propiedade de Viesgo Distribución Eléctrica, S.L., en diante, VDE) e unha posición de transformación cun aparello de 30 MVA de potencia nominal e relación de transformación 132/30 kV.

Edificio prefabricado que alberga as celas de 30 kV do lado do xerador, transformador de SSAA de 50 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,42 kV, grupo electróxeno de emerxencia e resto de equipamentos de protección, medida e control requiridos.

Edificio prefabricado para as instalacións de servizos auxiliares de VDE con transformador de SSAA de 50 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,42 kV.

O recinto da SET vén delimitado polas seguintes coordenadas:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

A

619.556,54

4.828.457,03

B

619.613,75

4.828.470,22

C

619.610,66

4.828.481,30

D

619.638,11

4.828.488,97

E

619.652,64

4.828.436,96

F

619.577,98

4.828.416,10

– Liña aéreo-subterránea de 20 kV, para a alimentación dos SSAA de VDE, de simple circuíto e composta polos seguintes tramos:

Tramo soterrado, con orixe na SET e final no apoio nº 1A PAS, cunha lonxitude de 25,63 m e condutor tipo RHZ1-OL 12/20 kV.

Tramo aéreo, con orixe no apoio nº 1A PAS e final no apoio de entronque coa LMT que alimenta o CT Turberas de Buio, cunha lonxitude de 1.863 m, 17 apoios e condutor tipo AL1/A20SA (LARL 56).

– Liña aérea de 132 kV, entre o pórtico da SET 30/132 kV e o apoio nº 2E, para o entronque previsto coa LAT 132 kV PE Buio-SE Boimente, propiedade de VDE (para a súa apertura, con entrada e saída na SET), de dobre circuíto, cunha lonxitude de 282,53 m, 2 apoios, condutor tipo 242-AL/39-ST1A (LA-280) e cable de garda e comunicacións tipo OPGW 48 fibras.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (visado o 1.3.2021) das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental (asinado o 11.2.2021).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, visado o 1.3.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da citada Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e, de ser caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 51 e 982 88 90 87), así como nos Concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro.

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do seguinte enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/piago

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, na Xefatura Territorial da Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Lugo, 21 de xuño de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo