De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 e co artigo 41 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos (BOE do 31 de marzo), sen que esta se puidese efectuar, emprázase á pesoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.
Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021
Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
Expedientes: 15R001/30/2021/SSP, 15R001/31/2021/SSP e 15R001/32/2021/SSP.
Persoa interesado: X5408083R.
Acto notificado: acordos de inicio de procedementos administrativos de medidas de reacción.