Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34073

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2021

Convenios

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Carballo para reducir o risco de inundación na ARPSI do río Anllóns, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo europeo de desenvolvemento rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Carballo que permitan redactar os proxectos construtivos que se detallan a seguir, acometer as obras e, posteriormente, conservalas e mantelas.

3.000.000,00

15.1.2021

Acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade a través do Laboratorio de Saúde Pública para o control da calidade das augas subterráneas dentro do ámbito territorial da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

Regular a cooperación entre as partes asinantes para a adecuada programación e desenvolvemento da análise en laboratorio de parámetros de calidade das augas en determinados puntos de control de augas subterráneas.

115.417,06

27.1.2021

Convenio de colaboración entre a Sociedade Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas España, S.A. (ACUAES), a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Silvouta.

Regular a cooperación entre ACUAES, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas residuais de Silvouta e, especialmente, avanzar na definición, desenvolvemento e aprobación dos proxectos construtivos que permitan garantir a asignación da axuda con cargo ao Fondo de Reconstrución (Next Generation UE).

56.280.000,00

5.2.2021

Protocolo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a EDAR Bens, S.A. para a detección de variantes do virus SARS-CoV-2 causante da COVID-19 a través das augas residuais.

Establecer a colaboración entre Augas de Galicia e a EDAR Bens, S.A. na realización conxunta de actuacións consistentes nas análises necesarias para desenvolver unha metodoloxía que permita determinar a evolución temporal das proporcións das diferentes variantes do virus SARS-CoV-2 na poboación cuxas augas residuais chegan á EDAR de Bens.

Sen custe económico

22.2.2021

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Augas de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para o proxecto Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ 2ª fase).

Establecer as condicións que rexerán a colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Augas de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña no proxecto denominado Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ 2ª fase).

125.000,00

15.3.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Guitiriz para a mellora das instalacións da ETAP de Guitiriz.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Guitiriz que permitan ao concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para a mellora das instalacións da estación de tratamento de auga potable de Guitiriz, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

414.011,87

17.3.2021

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Marín para a execución da obra de mellora da rede de saneamento de Marín no contorno do río Lameira, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Marín que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na Mellora da rede de saneamento de Marín no contorno do río Lameira. Marín (Pontevedra) (OH.336.1151.PC), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

3.600.000,00

24.3.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Avión para a conexión das redes de saneamento do Sifón e San Vicente co colector xeral de Avión. Concello de Avión (Ourense), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Avión que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na Conexión das redes de saneamento do Sifón e San Vicente co colector xeral de Avión. Concello de Avión (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

185.000,00

27.4.2021