Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34054

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 18 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios básicos consistentes na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos e a prestación dun servizo de asistencia e formación financeira en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (prioritariamente nos concellos sen entidade financeira no seu territorio), e se convocan para as anualidades 2021 a 2025 (código de procedemento FA500A).

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 117, do 22 de xuño de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 31293, no segundo parágrafo do artigo 2, onde di: «A concesión realizarase a aquela solicitude que obtivese maior valoración en aplicación dos criterios do artigo 18 esta orde, polo que haberá un único beneficiario», debe dicir: «A concesión realizarase a aquela solicitude que obtivese maior valoración en aplicación dos criterios do artigo 18 desta orde, polo que haberá un único beneficiario».

Na páxina 31294, no quinto parágrafo do artigo 5, onde di: «Módulo para a instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos naqueles concellos en que, como consecuencia do peche dalgunha ou varias oficinas bancarias da entidade beneficiaria con posterioridade á resolución de concesión, non teñan ningunha oficina bancaria no seu territorio», debe dicir: «Módulo para a instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos naqueles concellos que, como consecuencia do peche dalgunha ou varias oficinas bancarias da entidade beneficiaria con posterioridade á resolución de concesión, non teñan ningunha oficina bancaria no seu territorio».

Na páxina 31301, no primeiro parágrafo do artigo 11, onde di: «1. A entidade beneficiaria está suxeita ás obrigacións xerais derivadas da normativa vivente sobre axudas e subvencións públicas...», debe dicir: «1. A entidade beneficiaria está suxeita ás obrigacións xerais derivadas da normativa vixente sobre axudas e subvencións públicas...».

Na páxina 31301, no terceiro parágrafo do artigo 11, onde di: «3. As entidades beneficiarias están obrigadas a realizar as actividades subvencionadas nos termos da resolución de concesión e a xustificar a súa realización nos prazos establecidos da dita resolución», debe dicir: «3. As entidades beneficiarias están obrigadas a realizar as actividades subvencionadas nos termos da resolución de concesión e a xustificar a súa realización nos prazos establecidos na dita resolución».

Na páxina 31308, no cuarto parágrafo, onde di: «…instalacións de dispositivos adicionais que permitan o acceso con cadeira de rodas teclado braille, axuda guiada por voz, menú de axuda en linguaxe de signos etc...», debe dicir: «…instalacións de dispositivos adicionais que permitan o acceso con cadeira rodas, teclado braille, axuda guiada por voz, menú de axuda en linguaxe de signos, etc...».

Na páxina 31310, no segundo parágrafo, onde di: «Puntos grao de cofinanciamento solicitante A= 60 * ()»,

Debe dicir: «Puntos grao de cofinanciamento solicitante A= 60 * (missing image file)».

Na páxina 31310, no quinto parágrafo, onde di: «Puntos de instalación do solicitante A= 10 * ()»,

Debe dicir: « Puntos de instalación do solicitante A= 10 * (missing image file)».

Na páxina 31311, no terceiro parágrafo do artigo 20, onde di: «3. A resolución notificaráselles a todas las entidades solicitantes...», debe dicir: «3. A resolución notificaráselles a todas as entidades solicitantes...».