Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2021 pola que se publica o concurso público (procedemento aberto sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha autorización de dominio público de explotación de nave de reparación de redes na antiga lonxa do porto de Ribeira (expediente PRG-2021-0188).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Número de expediente: PRG-2021-0188.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento aberto é a selección de oferta para o outorgamento dunha autorización de dominio público de explotación de nave de reparación de redes na antiga lonxa do porto de Ribeira.

b) Lugar da autorización: porto do Ribeira. Concello de Ribeira (A Coruña).

c) Prazo da autorización: dous (2) anos prorrogables expresamente ata a un máximo de catro (4) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran na cláusula 9 criterios de valoración das ofertas do prego de bases do concurso.

4. Taxa de explotación: a especificada no prego de bases do procedemento, punto 10.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: entidade pública empresaria Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A -6ª Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 881 99 52 70.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil de contratante: os pregos administrativos desta convocatoria poderanse obter na seguinte dirección da internet:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de vinte e cinco (25) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás catorce horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) arquivos electrónicos, segundo se especifica no prego de bases do procedemento.

c) Lugar de presentación: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

8) Apertura das ofertas: electrónica a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

a) Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A -6º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1.

9. Outras informacións: a mesa de selección comprobará en acto previo a documentación do sobre «1» e publicará no perfil de contratante o resultado da apertura, para que, logo da comunicación aos interesados, se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos de publicidade que, de ser o caso, se xeren correrán a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia