De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 15 de xuño de 2021
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
Anexo
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
ANP-CO-0027/2021-V |
Fernando Araújo Vázquez |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0033/2021-V |
María del Carmen Seijas Calvo |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
ANP-CO-0101/2021-V |
Karin de Jesús Camargo Cárdenas |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |