Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.
Expediente: RL 2021/0096-4.
Acta: I362021000000310.
Empresa: Nautipol 7 Mares, S.L.
Enderezo: estrada do Porriño a Redondela, 247; Mos.
Materia: relacións laborais.
Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f), 29.1 e 34.9 da Lei do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, e artigos 18, 21, 23, 25, 26 e 32 do Convenio colectivo do sector de carpintaría de ribeira de Pontevedra.
Preceptos sancionadores: artigos 7.10 e 39.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 6.5.2021
Resolución: multa de 4.378 €.
Vigo, 14 de xuño de 2021
Marta Mariño Regueiro
Xefe territorial de Pontevedra