De conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de promoción pública no barrio histórico de Ferrol, iniciado pola Resolución de 10 de marzo de 2021.
O acto adouptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, á sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 14 de xuño de 2021
Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
88142 |
32708585D |
Trámite de audiencia |