Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 25 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia nº 102, do 2 de xuño), de conformidade co establecido no artigo quinto da citada orde,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 25 de maio de 2021, unha vez vistos os informes emitidos polos consellos sociais e polos claustros de profesorado dos centros integrados, tal e como establece o punto 2 do artigo quinto da citada orde.
Segundo. En uso das atribucións conferidas polo punto 4 do artigo quinto da antedita orde, nomear directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia os candidatos relacionados no anexo desta resolución.
Terceiro. O nomeamento referido no punto segundo desta resolución terá efectos administrativos e económicos desde o 1 de xullo de 2021, inclusive.
Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021
José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional
ANEXO
Provincia |
Concello |
Código do centro |
Centro integrado de formación profesional |
Apelidos e nome |
DNI |
A Coruña |
A Coruña |
15022607 |
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto |
Lesta Íñiguez, Cristina |
***9030** |
A Coruña |
A Coruña |
15024513 |
CIFP Someso |
Varela Mariño, Víctor Manuel |
***8841** |
A Coruña |
A Coruña |
15027800 |
CIFP Imaxe e Son |
Romero Sánchez, Ignacio María |
***3476** |
A Coruña |
A Coruña |
15027897 |
CIFP Paseo das Pontes |
Sobrado Vázquez, Pablo |
***6110** |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
15015767 |
CIFP Politécnico de Santiago |
Espasandín Gerpe, Nicolás |
***0574** |
Ourense |
Ourense |
32008902 |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
Vázquez Guzmán, Marta |
***5561** |
Pontevedra |
Pontevedra |
36014489 |
CIFP A Xunqueira |
Ferrer Moreira, Santiago |
***5539** |