Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33112

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

– Actividade: o obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a análise e informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución é de 12 meses e comeza o 1 de xullo de 2021.

– Financiamento: esta encomenda, por importe de 701.732,64 €, tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021 e 2022, aplicación orzamentaria 10.41.433A.640.1.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural