Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32980

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de exposición pública de convenio urbanístico de xestión para a execución do proxecto de aparcadoiro público de baixo custo nas Lagoas (expediente xestión urbanística 2020020925).

De conformidade co establecido nos artigos 168 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 401 do seu regulamento, Decreto da Xunta de Galicia 143/2016, sométese a información pública polo prazo dun mes o convenio urbanístico de xestión para a execución do proxecto coñecido como aparcadoiro público de baixo custo nas Lagoas.

As partes que se comprometen á súa sinatura son:

– Concello de Ourense, e

– Xunta de Compensación da zona 4 do SU 25 do PXOU de Ourense de 1986.

Atópase dispoñible o contido íntegro do devandito convenio no sitio http/sede.ourense.gob.es (código CSV:662DY6IENGSOCV6Q) e na páxina web do Concello (ourense.gal) na epígrafe Áreas-Urbanismo, Licenzas e Vivenda-taboleiro de anuncios.

Ourense, 3 de xuño de 2021

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente