Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32910

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

De acordo co previsto no artigo 10.3 do Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE) en centros públicos sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Centros resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos (cfr) e asesorías no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e nos centros de formación e recursos.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que as persoas que desexen participar no concurso deberán cubrir a solicitude que figura como anexo II da convocatoria, dirixida á Secretaría Xeral de Educación e Fomación do Profesorado, e presentala, coa documentación a que fan referencia os artigos 4 e 5 da orde de convocatoria, da forma que se indica no seu artigo 6.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos