Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32399

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021 pola que se nomean os membros do Consello do Turismo de Galicia.

O artigo 7 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, crea e define o Consello do Turismo de Galicia como un órgano de asesoramento, apoio e proposta para os asuntos referidos á ordenación, promoción, fomento e desenvolvemento do turismo de Galicia. O ordinal 4º do citado precepto establece que o réxime de elección dos membros do consello, a organización e funcionamento interno serán obxecto de desenvolvemento regulamentario.

Para dar cumprimento a este mandato legal aprobouse o Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 135, do 16 de xullo), que recolle, no artigo 3, a composición e réxime de elección dos/das seus/súas membros e no artigo 5 o nomeamento destes/as pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas.

Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2017, da directora de Turismo de Galicia, foron nomeados os membros do Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 60, do 27 de marzo), cunha duración do cargo de catro anos, sendo posible a súa reelección, de conformidade co disposto polo artigo 5.1 do Decreto 149/2012.

Unha vez transcorrido o prazo de duración do seu cargo, cómpre proceder á renovación dos/das membros do Consello do Turismo de Galicia.

Polo exposto, e tras a proposta polas diferentes organizacións e entidades representadas,

RESOLVO:

Artigo único

Nomear como membros do Consello do Turismo de Galicia, por un período de catro anos, segundo se establece nos artigos 3 e 5 do Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente:

– Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Vicepresidenta:

– Mª Nava Castro González, directora da Axencia Turismo de Galicia.

Vogais:

– Ignacio Maestro Saavedra, director xeral de Mobilidade, como membro titular en representación da consellería con competencias en infraestruturas, e como suplente José Antonio Domínguez Varela, vicesecretario xeral técnico da Consellería.

– Mercedes Castro Seijas, vicexerente do Servizo Galego de Saúde, como membro titular en representación da consellería con competencias en sanidade, e como suplente Margarita Prado Bahamonde, vicesecretaria xeral da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

– Manuel Heredia Pérez, director xeral de Comercio, como membro titular en representación da consellería con competencias en economía, e como suplente Marta López Quintás, subdirectora xeral de Comercio.

– Silvestre José Balseiros Guinarte, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, como membro titular en representación da consellería con competencias en medio rural, e como suplente Inés Santé Rivera, directora xeral de Desenvolvemento Rural.

– Manuel Vila López, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, como membro titular en representación da consellería con competencias en cultura, e como suplente Elena Barca Ramos, vicesecretaria xeral da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

– José Antonio Cacabelos Rico, alcalde do Grove, Gumersindo Guinarte Cabada, concelleiro de Santiago de Compostela, Pablo Taboada Camoira, alcalde de Palas de Rei, e Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, como membros titulares en representación das administracións locais, e como suplentes Mª Ángeles Domínguez Fernández, concelleira do Grove, Mercedes Rosón Ferreira, concelleira de Santiago de Compostela, Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra, e Félix Juncal Novás, alcalde de Bueu, respectivamente.

– Carlos Rodríguez Carro, como membro titular en representación das universidades galegas, e como suplente Rosa Mª Mariz Pérez, da Universidade da Coruña.

– Sara Santos Ferreiro e Alfonso Martínez Cacheda, como membros titulares en representación dos establecementos hoteleiros, e como suplentes César Sánchez-Ballesteros e Richard Huerta Nicholson, respectivamente.

– Ovidio Fernández Ojea e José Francisco Real Castro, como membros titulares en representación de empresas de restauración, e como suplentes Hector Cañete del Campo e David Dopazo Mella, respectivamente.

– Francisco Xabier Almuíña Chorén, como membro titular en representación de establecementos de turismo rural, e como suplente Ana María Villamayor Torres.

– Juan Antonio Rivadulla Fernández, como membro titular en representación de axencias de viaxes e centrais de reservas, e como suplente Mar Rodríguez Meseguer.

– Mª Soledad Espiño Alende, como membro titular en representación de hoteis balneario e hoteis talaso, e como suplente Benigno Amor Barreiro.

– Delfín Fidalgo Fernández, como membro titular en representación de campamentos de turismo, e como suplente Rubén Leiro Diz.

– Belén Montero López, como membro titular en representación de oferta complementaria e guías de turismo, e como suplente Ana Mª García Calvo.

– José Francisco Mirás Pérez, como membro titular en representación de CC.OO., e como suplente Juan Zas Candame.

– Beatriz Meilán del Río, como membro titular en representación de UGT, e como suplente Celestino Criado Currás.

– Mª do Tránsito Fernández Fernández, como membro titular en representación da CIG, e como suplente Miguel Anxo Malvido Cabirto.

– Miguel López Crespo, como membro titular en representación das asociacións de consumidores e usuarios, e como suplente Rosa Celia Otero Raña.

– Fabián Buezas García e Cesáreo Rodríguez Pardal, como membros titulares designados polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo como especialistas no campo do turismo, que actuarán en representación da Administración da Comunidade Autónoma.

Actuará como secretaria María Baleato González, directora de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro
de Presidencia, Xustiza e Turismo