Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 16 de xuño de 2021 polo que se lles informa ás persoas interesadas na obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas da convocatoria de cursos para obtención da acreditación de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público (códigos de procedemento PR471A e PR472A).

En virtude do establecido no artigo 8 do Decreto 48/2021, do 11 de marzo, polo que se regula a actividade de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen (DOG núm. 56, do 24 de marzo), a Agasp convoca varias edicións do curso de formación necesario para a obtención da acreditación.

Na páxina web da Agasp (https://agasp.xunta.gal) está disponible a Resolución do 14 de xuño de 2021, do director xeral da Agasp, pola que se convocan 5 edicións do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, na cal figuran os requisitos de participación, documentación que se debe presentar e forma de presentación, e datos que serán obxecto de comprobación por parte da Administración. Así mesmo, tamén se indican as datas, horarios, duración, desenvolvemento e lugar de realización dos cursos.

Tamén estará dispoñible na páxina web da Agasp o temario do curso.

As persoas interesadas poderán obter información adicional sobre esta convocatoria na Academia Galega de Seguridade Pública, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (https://agasp.xunta.gal).

b) No enderezo electrónico formacion.agasp@xunta.gal

c) No teléfono da Agasp: 886 20 61 10.

d) No Servizo de Formación en Seguridade Pública na Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

e) Na guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

A Estrada, 16 de xuño de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública