Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito de estatutos da Federación de Asociaciones de Empresas de la Reforma y Rehabilitación de Galicia (Federgal).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 14.5.2021 os estatutos da Federación de Asociaciones de Empresas de la Reforma y Rehabilitación de Galicia (Federgal).

(https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: poderán ser membros da federación todas as asociacións empresariais do sector da construcción, da reforma integral ou de subministracións e reparacións que realizen a súa actividade no sector da construcción entendida en sentido amplo e incluindo todos os sectores, pero sempre entendido no ámbito das obras de reparación, rehabilitación ou reforma.

Asinan a acta de constitución: Agustín Moreira García, Rubén Mera Álvarez, Miguel Ángel Bernárdez Piñeiro, Armando Mathieu Cuña, Salvador García Pérez e Antonio Heredero González.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais