Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32084

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 17 de xuño de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional dual e de cursos de especialización en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécen a esta as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en todos os niveis e graos, modalidades e especialidades, consonte os preceptos emanados da Constitución e das leis que lle sexan de aplicación, competencias que foron asumidas polo Decreto 114/1982, do 1 de setembro, e asignadas á esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade no seu artigo 2.

No marco destas competencias, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, co propósito de actualizar a cualificación dos cidadáns e das cidadás, persegue como un dos obxectivos básicos para a formación profesional o de dar unha resposta puntual e axeitada ás necesidades de formación profesional provenientes do mundo produtivo.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 5.1 que todas as persoas deben ter a posibilidade de se formar ao longo da vida, dentro e fóra do sistema educativo, co fin de adquirir, actualizar, completar e ampliar os seus coñecementos, así como as súas capacidades, habilidades, aptitudes e competencias, para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Ademais, o artigo 5.2 establece que o sistema educativo ten como principio propiciar a educación permanente. Para tal efecto, debe preparar o alumnado para aprender por si mesmo e debe facilitar ás persoas adultas a súa incorporación ás ensinanzas, favorecendo a conciliación da aprendizaxe coas outras responsabilidades e actividades.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificación e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas. A lei establece como un dos fins do Sistema nacional das cualificacións e da formación profesional o de promover unha oferta formativa de calidade, actualizada e adecuada aos seus destinatarios, consonte as necesidades de cualificación do mercado laboral e as expectativas persoais de promoción profesional.

O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, regula no seu artigo 27 os cursos de especialización de formación profesional.

O Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, regula, entre outras cuestións, determinados aspectos da formación profesional dual, que combina os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, establece no capítulo V as vías para obtención dos títulos de formación profesional e os réximes e modalidades das ofertas de formación profesional. O artigo 19 recolle que as ofertas de accións formativas de formación profesional irán dirixidas á adquisición e á mellora das competencias e das cualificacións profesionais, promoverán a formación permanente e organizaranse en ciclos formativos e en cursos para unha maior especialización ou formación específica para determinados colectivos, co fin de que as persoas avancen no seu itinerario de formación profesional, independentemente da súa situación en cada momento.

A disposición adicional segunda deste decreto determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e as entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos propios da actividade, así como a actualización profesional.

Os ciclos e cursos de especialización incorporados a esta oferta poderán ser obxecto de cofinanciamento polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Plan de formación profesional para o crecemento económico e social e a empregabilidade, e pola Unión Europea-NextGenerationEU.

De acordo coas competencias que ten conferidas esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade,

DISPOÑO:

Artigo 1. Actualización da oferta

1. Actualízase a oferta de ciclos formativos polo réxime para as persoas adultas na modalidade dual en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso académico 2021/22 (anexo I).

2. Actualízase a oferta de cursos de especialización polo réxime ordinario en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso académico 2021/22 (anexo II).

Artigo 2. Número mínimo de solicitudes

1. Nos ciclos da modalidade dual exíxese un mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas por centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia.

2. Nos cursos de especialización exíxese un mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo no prazo ordinario de presentación de solicitudes.

Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para pór en funcionamento estas ensinanzas e, mentres non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar matrícula ningunha. A condición do número mínimo de solicitudes débese comunicar ás persoas interesadas no momento da súa solicitude de admisión.

Artigo 3. Admisión e matrícula nos cursos de especialización

1. As instrucións e as datas relativas ao proceso de admisión para o curso 2021/22 serán as establecidas no calendario xeral de admisión ás ensinanzas de formación profesional publicado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

2. O alumnado admitido por primeira vez nun curso de especialización deberá matricularse en todos os módulos que o compoñen.

Disposición adicional primeira. Ordenación e proceso de admisión na formación profesional dual

Aos ciclos formativos de formación profesional dual autorizados nesta orde seralles de aplicación a ordenación e o proceso de admisión establecidos na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, coas seguintes excepcións:

1. O contido do artigo 2.a) da dita orde, relativo aos requisitos das persoas solicitantes, modifícase e queda redactado como segue: «Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural de inicio do ciclo formativo».

2. As datas relativas ao proceso de admisión para o curso 2021/22 serán as establecidas para os proxectos de formación profesional dual dentro do calendario xeral de admisión a ciclos formativos de formación profesional publicado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. Neste calendario estarán fixadas as datas do prazo de solicitudes, publicación das listaxes de persoas solicitantes, períodos de reclamación, período de selección do alumnado pola entidade colaboradora, listaxe de persoas admitidas e en espera e datas de matrícula para as persoas seleccionadas.

Disposición adicional segunda. Formación específica

Autorízase a oferta de formación especifica de xeito experimental en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22 (anexo III).

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízanse a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a Secretaría Xeral Técnica para adoptaren todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Ciclos formativos autorizados na modalidade de formación
profesional dual para o curso 2021/22

A Coruña.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ciclo

Ciclo

Arzúa

15027733

IES de Arzúa

ZMAGA01

Produción agroecolóxica

Cedeira

15026376

IES Punta Candieira

ZMCOM01

Actividades comerciais

Cee

15003224

IES Fernando Blanco

ZSELE03

Automatización e robótica industrial

Coruña, A

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal

ZMCOM02

Comercialización de produtos alimentarios

ZSCOM01

Transporte e loxística

ZSCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

15005269

IES Urbano Lugrís

ZMIMA03

Mantemento electromecánico

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

ZSIFC03

Desenvolvemento de aplicacións web

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

ZM19001 e ZMSSCO1

Dobre titulación en Coidados auxiliares de enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia

15024513

CIFP Someso

ZMTMV02

Electromecánica de vehículos automóbiles

ZSIMP01

Estética integral e benestar

15027770

IES A Sardiñeira

ZSQUI02

Química industrial

15027897

CIFP Paseo das Pontes

ZMHOT01

Cociña e gastronomía

ZMHOT02

Servizos en restauración

ZMTCP01

Confección e moda

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

ZSELE04

Mantemento electrónico

ZSENA04

Xestión da auga

ZSIMA02

Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

ZSIMA03

Mecatrónica industrial

Curtis

15022620

IES de Curtis

ZSTMV01

Automoción

Ferrol

15006754

CIFP Ferrolterra

ZMIMA02

Instalacións de produción de calor

ZSELE04

Mantemento electrónico

ZSENA02

Enerxías renovables

ZSFME01

Programación da produción en fabricación mecánica

ZSFME03

Deseño en fabricación mecánica

ZSIMA03

Mecatrónica industrial

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

ZMCOM02

Comercialización de produtos alimentarios

ZSCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

15021469

IES Leixa

ZM19001 e ZMSSCO1

Dobre titulación en Coidados auxiliares de enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia

Ordes

15027782

IES Ordes

ZSTMV01

Automoción

Ponteceso

15026406

IES Eduardo Pondal

ZSTMV01

Automoción

Pontes de García Rodríguez, As

15021767

IES Plurilingüe Castro da Uz

ZSELE04

Mantemento electrónico

Ribeira

15014556

CIFP Coroso

ZMINA03

Elaboración de produtos alimentarios

ZSTMV01

Automoción

Santiago de Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

ZMENA01

Redes e estacións de tratamento de augas

ZMMAM03 e ZMQUI02

Procesamento e transformación da madeira e oferta parcial do ciclo de Operacións de laboratorio

ZMTMV01

Carrozaría

ZSELE01

Sistemas electrotécnicos e automatizados

ZSELE02

Sistemas de telecomunicacións e informáticos

ZSFME02

Construcións metálicas

ZSMAM01

Deseño e amoblamento

ZSQUI01

Laboratorio de análise e de control de calidade

15016000

CIFP Compostela

ZMHOT02

Servizos en restauración

ZMINA01

Panadaría, repostaría e confeitaría

ZSHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

15021482

IES San Clemente

ZSIFC03

Desenvolvemento de aplicacións web

15023466

IES Lamas de Abade

ZM19001

Coidados auxiliares de enfermaría

15026753

IES A Pontepedriña

ZMCOM02

Comercialización de produtos alimentarios

ZSCOM01

Transporte e loxística

ZSCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

Zas

15027368

IES Maximino Romero de Lema

ZSIFC03

Desenvolvemento de aplicacións web

Lugo.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ciclo

Ciclo

Chantada

27003175

IES Val do Asma

ZSIFC03

Desenvolvemento de aplicacións web

Foz

27020562

IES de Foz

ZMCOM01

Actividades comerciais

ZSHOT04

Dirección de cociña

ZSHOT05

Dirección de servizos de restauración

Lugo

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

ZM19001 e ZMSSCO1

Dobre titulación en Coidados auxiliares de enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia

ZMINA03

Elaboración de produtos alimentarios

ZSELE03

Automatización e robótica industrial

27006528

CIFP As Mercedes

ZSCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

ZSCOM04

Márketing e publicidade

ZSTMV01

Automoción

Mondoñedo

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

ZMAGA04

Aproveitamento e conservación do medio natural

Monforte de Lemos

27015311

IES A Pinguela

ZSADG01

Administración e finanzas

ZSIMP02

Estilismo e dirección de peiteado

Ribadeo

27010921

CFEA Pedro Murias

ZMAGA04

Aproveitamento e conservación do medio natural

Ourense.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ciclo

Ciclo

Carballiño, O

32015037

IES Manuel Chamoso Lamas

ZMFME02

Soldadura e caldeiraría

ZMTMV03

Electromecánica de maquinaria

ZSELE03

Automatización e robótica industrial

Ourense

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

ZM19001

Coidados auxiliares de enfermaría

ZSIFC03

Desenvolvemento de aplicacións web

32015050

CIFP A Farixa

ZSIMP05

Termalismo e benestar

32016765

CIFP Portovello

ZMCOM02

Comercialización de produtos alimentarios

ZSCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

Ribadavia

32015475

IES O Ribeiro

ZMINA03

Elaboración de produtos alimentarios

Vilamarín

32016285

IES de Vilamarín

ZMAGA03

Xardinaría e floraría

ZSHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

Pontevedra.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ciclo

Ciclo

Estrada, A

36002359

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

ZMMAM02

Instalación e amoblamento

ZSIFC01

Administración de sistemas informáticos en rede

Lalín

36013758

IES Laxeiro

ZSFME02 e ZSEOC02

Construcións metálicas e oferta parcial do ciclo de Proxectos de obra civil

Moaña

36004745

IES Plurilingüe A Paralaia

ZSELE03

Automatización e robótica industrial

Pontevedra

36018677

IES Luís Seoane

ZMCOM02

Comercialización de produtos alimentarios

36020064

CIFP Carlos Oroza

ZMHOT01

Cociña e gastronomía

ZSHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

Valga

36020362

IES de Valga

ZMFME01

Mecanizado

ZMFME02

Soldadura e caldeiraría

Vigo

36011579

IES A Guía

ZMCOM02

Comercialización de produtos alimentarios

ZSCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

36013448

CIFP Manuel Antonio

ZMINA03

Elaboración de produtos alimentarios

ZSQUI03

Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

ZMIMA01

Instalacións frigoríficas e de climatización

ZMTMV01

Carrozaría

ZSTMV01

Automoción

36017430

IES Ricardo Mella

ZM19001

Coidados auxiliares de enfermaría

Vilagarcía de Arousa

36013771

IES Fermín Bouza Brey

ZSIMA03

Mecatrónica industrial

A distribución dos módulos por cursos estará dispoñible na páxina web www.edu.xunta.es/fp

ANEXO II

Cursos de especialización autorizados polo réxime ordinario
para o curso 2021/22

A Coruña.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ciclo

Ciclo

Coruña, A

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

CSQUI50

Cultivos celulares

15027897

CIFP Paseo das Pontes

CMHOT50

Panadaría e bolaría artesanais

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

CSIFC52

Intelixencia artificial e big data

15005269

IES Urbano Lugrís

CMELE50

Implementación de redes 5G

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

CSIMA51

Fabricación intelixente

CSIMA52

Modelado da información da construción (BIM)

Ferrol

15006754

CIFP Ferrolterra

CMTMV50

Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos

CSELE51

Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación

CSFME50

Fabricación aditiva

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

CSIFC50

Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información

Santiago de Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

CSELE51

Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación

15021482

IES San Clemente

CSIFC50

Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información

Lugo.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ciclo

Ciclo

Lugo

27006528

CIFP As Mercedes

CMTMV50

Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos

CSIMA50

Dixitalización do mantemento industrial

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

CSELE51

Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación

CSFME50

Fabricación aditiva

27015773

IES Muralla Romana

CSIFC51

Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual

Ourense.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ciclo

Ciclo

Ourense

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

CSQUI50

Cultivos celulares

CSIFC51

Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual

Pontevedra.

Concello

Código
de centro

Centro

Código
de ciclo

Ciclo

Pontevedra

36014489

CIFP A Xunqueira

CMTMV50

Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos

36020064

CIFP Carlos Oroza

CMHOT50

Panadaría e bolaría artesanais

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

CMHOT50

Panadaría e bolaría artesanais

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

CSFME50

Fabricación aditiva

36024461

IES Audiovisual de Vigo

CSIMS50

Audiodescrición e subtitulación

36018173

IES de Teis

CSIFC52

Intelixencia artificial e big data

36011634

IES Politécnico de Vigo

CSIMA51

Fabricación intelixente

36017430

IES Ricardo Mella

CMELE50

Implementación de redes 5G

ANEXO III

Formación específica autorizada para o curso 2021/22

Lugo.

Concello

Código
de centro

Centro

Módulo formativo/profesional

Unidade formativa

Lugo

27020793

CIFP Porta da Auga

MF1841_2. Preparación e protección de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

UF2091. Preparación da embarcación no entorno náutico.

UF2290. Operacións de preparación e protección de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

MF1842_2. Operacións de acabado de superficies da obra morta, cuberta, superestruturas e arboradura de embarcacións deportivas e de recreo.

UF0917. Prevención de riscos laborais e ambientais en mantemento de vehículos.

UF2291. Operacións de acabado dla obra morta de embarcacións deportivas e de recreo.

MF1843_2. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

UF2292. Operacións de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo.

MF1844_2. Construción, adaptación e montaxe de pezas e estruturas de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

UF2293. Operacións de construción, adaptación e montaxe de pezas e estruturas de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo.

MP0474. Módulo de prácticas profesionais non laborais

Sen unidades formativas.

MP0260. Mecanizado básico.

Sen unidades formativas.

MP0459. Formación e orientación laboral.

MP0459_12. Prevención de riscos laborais.