Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32095

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2021 pola que se fai pública a composición dos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, define no seu artigo 14 o Consello Social como o órgano de participación da sociedade na universidade, que debe exercer como elemento de interrelación entre a sociedade e a universidade, e remite á lei da Comunidade Autónoma correspondente no que se refire á súa composición, funcións e designación dos seus membros.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula o Consello Social de cada unha das universidades públicas que integran o Sistema universitario de Galicia, como órganos de participación da sociedade galega nas universidades, que impulsan a colaboración entre estas e aquela, mediante a satisfacción por parte das universidades das necesidades do seu ámbito e contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria. Correspóndelle ao Consello Social de cada universidade supervisar as actividades de carácter económico da universidade e do rendemento dos seus servizos e promover a colaboración da sociedade no financiamento da universidade, así como cantas outras funcións lle sexan atribuídas pola Lei 6/2013 e a demais normativa aplicable.

O artigo 77 da citada Lei 6/2013, determina a composición do Consello Social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros. A condición de membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Os consellos sociais, en cumprimento do establecido no citado artigo 77 da Lei 6/2013, remitiron a comunicación coa designación de representantes de cada unha das institucións e entidades previstas á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a cal procedeu ao correspondente nomeamento mediante orde desta consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Julio Ernesto Abalde Alonso, reitor da Universidade.

– Carlos Aymerich Cano, secretario xeral.

– Ramón Alberto del Valle López, xerente.

– Salvador Naya Fernández, en representación do profesorado.

– Carmela Carrillo García, en representación do estudantado.

– María José Parga Massa, en representación do persoal de administración e servizos.

II. En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– Mar Barcón Sánchez.

– Natalia Barreiro Mata.

– Mª José Bravo San José.

– Manuel Ángel Jove Santos.

– Jaime Fernández-Obanza Carro.

– Inmaculada Rodríguez Cuervo.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social.

– Francisco Javier Abad Pardo.

– Emilio Bruquetas Serantes.

– María Luisa Cid Castro.

– Gonzalo Ortiz Amor.

– José Luis Veiga Castiblánquez.

– Telesforo Veiga Rial.

c) Designados polos sindicatos:

– María José Calvo Orgeira, pola Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia).

– Andrés Marcos García, por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

– Alfonso Varela Vidal, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– Antonio Fontenla Ramil.

– Clara de Lorenzo Rodríguez.

– Andrés Lucendo Monedero.

– María Teresa Valdés Blanco-Rajoy.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– Jesús Javier Celemín Santos (A Coruña).

– María Victoria Suárez Taibo (Ferrol).

f) Designado polos colexios profesionais vinculados coa oferta formativa da universidade:

– José María Arrojo Fernández.

Segundo

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Antonio López Díaz, reitor da Universidade.

– Dulce María García Mella, secretaria xeral.

– Antonio Javier Ferreira Fernández, xerente.

– Monserrat Valcárcel Armesto, en representación do profesorado.

– Inmaculada Alonso Rodríguez, en representación do estudantado.

– Fernando Sedano Arnáez, en representación do persoal de administración e servizos.

II. En representación dos intereses sociais de Galicia.

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– Ramón Medina González-Redondo.

– Manuel Lolo Aira.

– Francisco Xesús Anxo Louzao Rodríguez.

– Manuel Francisco Martín García.

– María del Carmen Quintas Cruceira.

– Rosa Blanca Rodríguez Gutiérrez.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– Cecilia Sierra Rey, presidenta do Consello Social.

– Manuel Cornes Sieira.

– Torcuato Labella Lozano.

– Carmen Lence Ferreiro.

– Juan Manuel López Labrada.

– Juan Luis Méndez Rojo.

– Aida Rodríguez Aspirichaga.

c) Designados polos sindicatos:

– Diego Boquete Sánchez, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

– Óscar Manuel Lorenzo Fernández, pola Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia).

– Juan Mariñas Liste, por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– Carlos Cebrián Escobar.

– Guadalupe Hervera Iglesias.

– Nuria Pereira Martínez.

– José Villarnovo Faraldo.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– Gumersindo Guinarte Cabada (Santiago de Compostela).

– Jaime Luis López Vázquez (Lugo).

f) Designado pola asociación de antigos alumnos:

– Ramón Lois Lorenzo.

g) Designado polos colexios profesionais vinculados coa oferta formativa da universidade:

– Mª Rosa Álvarez Prada.

Terceiro

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade.

– Miguel Ángel Michinel Álvarez, secretario xeral.

– Raquel María Souto García, xerente.

– José María Martín Moreno, en representación do profesorado.

– Daniel Couto Cancela, en representación do estudantado.

– Xoán Manuel Cebro Rodríguez, en representación do persoal de administración e servizos.

II. En representación dos intereses sociais de Galicia.

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– Xosé Manuel Atanes Limia.

– Xulio Calviño Rodríguez.

– María de los Ángeles García Míguez.

– Jesús Graña Nogueiras.

– Mª Elvira Larriba Leira.

– Yolanda López Fernández.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social.

– María Teresa Cendón Alonso.

– Silvia Crespo Tobío.

– Francisco Gustavo Izquierdo Martínez.

– Antonio Martiño Gómez.

– Ana Ortiz Álvarez.

– Gerardo Ramón Pérez Puga.

c) Designados polos sindicatos:

– Mª Elena Añel Cabanelas, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

– Emilio Fernández Zunzunegui, por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

– Juan José Santamaría Conde, pola Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– César Blanco Gómez (Pontevedra).

– María Sol Novoa Rodríguez (Ourense).

– Rosa María Sánchez Gándara (Ourense).

– Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa (Vigo).

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– María Gloria Blanco Rial (Pontevedra).

– Mercedes Castro Mouzo (Vigo).

– Armando Ojea Bouzo (Ourense).

f) Designado pola asociación de antigos alumnos:

– José María Franco García.

g) Designado polos colexios profesionais vinculados coa oferta formativa da universidade:

– Antonio Macho Senra.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade