Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32021

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de xaneiro a abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2021.

28.1.2021

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

11.2.2021

59.361,82 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

11.2.2021

23.068,07 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexías, programas e/ou iniciativas da conselleria que resulten de interese para a cidadanía.

11.2.2021

12.302,97 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

11.2.2021

8.919,65 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico, para elaborar e publicar infomación relacionda con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

11.2.2021

3.383,32 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Corporación Voz de Galicia S.L.U., para elaborar e publicar en La Voz de Galicia información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

18.2.2021

149.788,64 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da conselleria que resulten de interese para a cidadanía.

19.2.2021

22.452,92 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, para elaborar e publicar información relacionada con estratexías, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

19.2.2021

8.612,08 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para apoiar a estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2021.

24.2.2021

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Federación Gallega de Estaciones de Servicio (Fegaes), para a elaboración dun plan estratéxico no sector das estacións de servizo en Galicia.

5.3.2021

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Bande para a obtención do recoñecemento legal da condición minero-medicinal e termal das augas quentes de Bande (Ourense).

8.4.2021

18.102,81 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos bonos Activa comercio.

8.4.2021

90.000,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos bonos Activa comercio.

30.4.2021

Non ten achega económica