Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA-LMTS ROS803 en Solvado-Barrantes, no concello de Tomiño, do cal é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2019/32-4).

A instalación denominada Reforma LMTA-LMTS ROS803 en Solvado-Barrantes, no concello de Tomiño, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 20 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 9 de setembro de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Tomiño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas leiras e se informará de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 4 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro 
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Reforma LMTA LMTS ROS803 en Solvado-Barrantes.

Referencia catastral

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Concello

1

36054A056001640000EZ

Solvado-Barrantes

Prado

Descoñecido

Tomiño

2

36054A056002210000EX

Solvado-Barrantes

Agrario

Marisol Pereira Domínguez

Descoñecido

Tomiño

3

36054A056002560000EE

Solvado-Barrantes

Agrario

Pilar Vicente

Solvado, 1

Tomiño

4

36020A025002930000EZ

Solvado-Barrantes

Agrario

Enrique A. Gándara Gómez

Vilachán, 18

Tomiño