Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 4 de xuño de 2021, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Unión Fenosa Distribución, S.A. para a instalación dunha liña eléctrica subterránea de baixa tensión no dominio público portuario de Aguiño (expediente 12-46-21-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa para a instalación dunha liña eléctrica subterránea de baixa tensión no dominio público portuario de Aguiño, de acordo co documento técnico Carpeta de permisos para RBTS rúa Castelao, s/n, Ribeira, do 26 de marzo de 2021, asinado polo graduado en enxeñaría eléctrica Rubén Fervenza Nicolás, colexiado número 4684.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 4 de xuño de 2021

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro