Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31961

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de publicación dos convenios urbanísticos de cesión de terreos afectados pola execución do proxecto de obras de humanización da rúa Tercio de Afora.

Nas datas que a continuación se indican, a vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo e os propietarios dos terreos afectados polas obras do proxecto de obras de humanización da rúa Tercio de Afora que igualmente se identifican subscribiron os convenios urbanísticos que deseguido se relacionan, para a obtención dos terreos dotacionais afectados pola execución do dito proxecto.

De conformidade co disposto no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, procede someter o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do concello e nun dos periódicos de maior difusión da provincia.

O que se fai público para os efectos do sometemento dos ditos expedientes ao trámite de información pública polo prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio e coa indicación de que o seu contido íntegro, coa excepción dos datos de carácter persoal, poderán ser consultados no seguinte enlace: https://sede.vigo.org/nube/index.php/s/YeBKJWewbTMHXYQ, así como nas oficinas da Área de Fomento (2º andar da Casa do Concello de Vigo), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, no prazo anteriormente citado, co fin de poder presentar cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 14 de xuño de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo

Os convenios que se someten ao trámite de información pública son os concluídos con:

Asinantes

Data sinatura convenio

Nº no parcelario das parcelas afectadas

Isabel Magdalena Pereiro Becerra

20.4.2021

Parcela nº 5

Lourdes Esther Castro Pereiro

Elena Costas Soto, en representación de Electro Naval Galicia, S.L.

23.4.2021

Parcela nº 6

Patricia Amaro Álvarez

María Rodríguez Díaz, no seu nome e en representación do seu fillo, Juan Carlos Paredes Rodríguez

María José Paredes Rodríguez

Mª Paz Cacheiro Durán

José Carlos Rey Vázquez

Rosa Alonso Iglesias

23.4.2021

Parcela nº 7

Andrea López González

20.4.2021

Parcela nº 8

Isabel Casal Álvarez

Casilda Paramos Alonso

Flora Alonso Iglesias

23.4.2021

Parcela nº 9

Os citados convenios poderán ser consultados nas oficinas da Área de Fomento (2º andar da Casa do Concello de Vigo) no prazo anteriormente citado.