Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a revisión da autorización ambiental integrada para planta de elaboración de conservas de peixe, marisco e pratos preparados en Ribeira (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-42).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Ley 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia quedará exposto o documento titulado:

«Memoria de revisión da AAI parte 1 e 2 de Frinsa del Noroeste, Ribeira (A Coruña)».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, o documento estará ao dispor dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-42.

Peticionaria: Frinsa del Noroeste, S.A.

CIF: A15010564.

Razón social: Polígono Industrial Xarás, parcela 29, 15969 Ribeira (A Coruña).

Localización da instalación: Polígono Industrial Xarás, parcela 29, 15696 Ribeira (A Coruña).

Actividade: planta de elaboración de conservas de peixe, marisco e pratos preparados.

Descrición:

Frinsa del Noroeste, S.A. (en diante Frinsa) desenvolve a súa actividade produtiva desde o ano 1961 nas instalacións sitas no polígono industrial de Xarás, pertencente ao concello de Santa Uxía de Ribeira.

Dedica a súa actividade principal á fabricación de conservas de túnidos e, en menor medida, á fabricación de conservas de peixes, mariscos e pratos preparados. Para isto dispón de sete plantas: F1 e F2 (plantas de produción e zona de oficinas), F3 (planta de coxeración e caldeiras de vapor), F4 (planta de produción especialidades), F5 (almacén frigorífico), F6 (planta de fabricación de envases e oficinas) e F7 (almacén de ferramentas e taller).

O día 4.12.2019 publícase a Decisión de execución (UE) nº 2019/2031 da Comisión do 12 de novembro de 2019, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) nas industrias de alimentación, bebida e leite, de conformidade coa Directiva nº 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, polo que a empresa presenta o proxecto para a revisión e adaptación da instalación ás obrigas establecidas.