De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo, no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias (DOG núm. 69, do 11 de abril), despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 40, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse, previa cita, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021
José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia
ANEXO
Expediente arbitral: 36R002/2971/2016.
Interesada: La Tintorería Sanda, C.B.
CIF: E27796218.
Acto notificado: laudo arbitral do 10 de novembro de 2020.