Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 7 de xuño de 2021, da Secretaría da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de arbitraxe 36R002/3353/2018.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema arbitral de consumo, no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias (DOG núm. 69, do 11 de abril), logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 40 sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, logo de cita, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia

ANEXO

Expediente arbitral: 36R002/3353/2018.

Interesado: Ramón Álvarez González (Moblaxe).

CIF: 35940118L.

Acto notificado: laudo arbitral do 26 de marzo de 2021.