Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Inclusión Social, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador PS-DXIS-04-2021.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social. Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselle que, de conformidade co sinalado no acordo de incoación referido, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De non efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2021

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-04-2021.

Persoa interesada: NIE X6637912C.

Acto de notificación: Acordo do 20 de maio de 2021 de incoación de procedemento sancionador.

Precepto presuntamente infrinxido: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.