Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31875

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 xuño de 2021 pola que se dá publicidade da Resolución do 11 de xuño de 2021 pola que se encomenda á Empresa de Transformación Agraria, S.A. S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización de actuacións de mellora de seguridade viaria na Raega no ámbito dos Camiños de Santiago. Clave GA/21/081.06 (E/026/2021).

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

Resolución do 11 de xuño de 2021, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización de actuacións de mellora de seguridade viaria na Raega no ámbito dos Camiños de Santiago.

– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura desta encomenda consistirán na mellora da seguridade viaria na Raega no ámbito dos Camiños de Santiago, mediante a realización dunha serie de actuacións que afectan tanto o tránsito dos usuarios dos camiños como a percepción do peregrino por parte dos usuarios das estradas autonómicas confluentes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: dez (10) meses.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2021, aplicación orzamentaria 09.A1.512B.610.1.

– Orzamento: 1.420.461,79 €.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas